Alberto Varela Ferreiro (Carballo 1963)
Licenciado en Belas Artes, especialidade Deseño, pola Facultade Sant Jordi Universidade de Barcelona

Premios: 1979 Primeiro Premio Concurso Carteles "Dia das Letras Galegas" Asoc.Cultural ANG. A Coruña. 1983 Premio Continuará, concurso homenaxe a Hergè Facultade Belas Artes, Universidade de Barcelona. 1984 Primeiro premio do I Concurso de Cómic da Universidade Politécnica de Catalunya Accesit no I Concurso de Cómic Programa Tablón de Anuncios TVE. 1985 Finalista do primeiro concurso de deseño Textil Levi´s S.A. Finalista do Concurso de deseño de moda da revista YModa de Barcelona. Primeiro premio Curuxa do Museo do Humor de Fene 1987 Finalista Concurso carteles Biennal 87 ADG-FAD Barcelona Primeiro premio Concurso de Cómic Ajuntament d´Amposta, Tarragona 1988 Primeiro premio Concurso Carteles San Xoan, Carballo Primeiro premio Concurso deseño logotipo para o Concello de Malpica. 1990-1991 Primeiro premio Concurso Carteles San Froilán, Lugo e primeiro premio Concurso Carteles XII Semana Internacional de Cinema de Autor, Lugo.

Exposicións: 1985 Colectiva no apartado "Profesionais" do Salón do Cómic de Barcelona Colectiva "Black and White". Barcelona, León, Zaragoza, Braunschweig (Alemania) 1986 Colectiva Barcelona Sud 1987 Colectiva "Love in XXI Century", Berlin, Alemania. 1991 Colectiva o Cómic e Séptimo Arte 1993 Colectiva o Cómic en Galicia 1995 Colectiva From Galicia with Humor, Philadelphia, U.S.A. 1997 Colectiva "As Cores Do Vento", colectiva "Galicia Terra Única" Galicia, V Bienal Union Fenosa,  A Coruña 1997

Revistas e publicacións: Fogar, Idoiro, Carballo (1978) A Nosa Terra, Vigo (1980 -82) A Ameixa Cacofónica, Carballo (1982 -83) Can Sen Dono, Vigo (1982) Taka de Tinta, Barcelona (1982-85) Gaudeamus, Zaragoza (1984) TBO, Barcelona (1986) Trilateral, Barcelona (1986) Consumidores, Santiago (1990)
Debuxante e deseñador realiza múltiples traballos de deseño gráfico, ilustración de libros, cartelismo traballando tamén como deseñador gráfico para a Televisión de Galicia, infografía, animación 2-D, deseño e realización de postproduccións e cabeceiras de programas.

A miña afición polo debuxo de cómics comeza no Instituto de Bacharelato en Carballo onde un compañeiro prestoume nunha ocasión varias revistas de "Metal Hurlant" e os primeiros "Totem". Mais tarde, en Barcelona fun un dos redactores da revista de cómic "Taka de Tinta", participei nalgunhas exposicions e ganei algúns premios pero sempre como aficionado,  fai uns anos cando se cumprían dez da creación da revista
"A Ameixa Cacofónica" decidín levar a cabo unha vella idea: facer un album completo de Xeixas Johnson o que foi pouco a pouco tomando forma ata a súa completa realización, espero que  os aficionados ao cómic disfrutedes desta inusual edicion electrónica...
Se queres coñecer outras facetas do meu traballo visita a miña Galeria e para calquer comentario, idea, crítica ou suxerencia non dudedes en contactar no seguinte enderezo [email protected]