GALLAECIA: 
Unha tipografía de pedra

   Castelao, a meirande figura do galeguismo do século XX, foi quen como debuxante resucitou este tipo de letra dende os dinteis do Pórtico da Gloria, na catedral de Santiago de Compostela.  
    No seu afán de buscar unha identidade gráfica galega utilizou este deseño como unha iconografía máis do nacionalismo galego. Ainda que este mesmo tipo, con pequenas variantes formales, e común nas inscripcións dos canteiros e escultores en caseque todo o Románico da Europa Occidental. E por isto que sería máis correcto denominar este "estilo" tipográfico como Medieval Europeo máis que propiamente autóctono galego.   
   Nembargantes estos grafismos forman parte xa da cultura visual e sentimental galega, polo que a podemos considerar plenamente nosa.  
   Neste mesmo tipo ainda que simplificando un pouco a xeometría basei a construcción da tipografía GALLAECIA, que somentes contén maiúsculas como nas inscripcións en pedra orixinais.  

A.V. Ferreiro